Programa especial do Pinchacarneiro, Axentes de saúde en Teixeiro
Entrevistamos a Yadira, psicóloga na Prisión de Teixeiro. quen nos contará o traballo que unha profesional coma ela fai cos internos.
Tambem falou dos beneficios de programas desenvoltos por asociacións externas, como o que neste caso fixo ASFEDRO, formando a 10 internos/as como Axentes de Saúde.
Pero isto nom remata ahi, porque nunha segunda parte, escoitaremos um audio gravado durante a formación dos Axentes de Saúde na prisión, onde os internos, falan das condicións, da convivencia e das dificultades que ali afloran.
Dito audio foi montado polo compañeiro de Radio Filispim, Miguel Castro Serantes... Non ten desperdicio!!
- correio pra propor temáticas: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
- blogue de Radio Filispim: opaii.blogspot.com
horario programa Pinchacarneiro:
- direto: Mercores de 17.00 a 18.00
- repeticións: Xoves de 12:00 a 13:00 e Domingos de 3:00 a 4:00
O Pinchacarneiro
Programa de ASFEDRO em Radio FilispiM
terça-feira, 23 de fevereiro de 2016
quinta-feira, 21 de janeiro de 2016
Punta Candieira/Isabel Vilalba SLG/ Entruido e Gastronomia
Punta Candieira |
-Informativos Retranqueiros.
- Falamos con "Fusa", habitante do faro da Punta Candieira.
- Sector leiteiro, entrevista a Isabel Vilalba, secretaria do Sindicato Labrego Galego
- Entruido: falamos desta festa en Xinzo da Limia e en Ferrol, e no remate, o punto gastronómico lacon e cachola con grelos patacas e sobremesa.
info:
colabora co programa: envia a túa propostas de debate a pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
Escoitanos en Radio Filispim 93.3 da FM, de 17 a 18 horas tódolos mercores en directo..
repeticións do programa os Xoves de 12h a 13h e na madrugada do Domingo de 3.00h a 4.00h
quinta-feira, 17 de dezembro de 2015
HEAVY TERAPEUTICO pra entrarmos no Natal
Entrevista a Ivan Mendez, impulsor e principal responsable do Resurretion Fest (Viveiro), no que este ano participa un dos maiores grupos de Heavy, os Iron Maiden
A posteriori debulharemos de onde provén o sentimento consumista destas datas tan proximas..
Retomase o espaço do Boureadeiro, co tema do sector Lacteo
No remate no espazo larpeiro, proponse un menú composto de dous pratos e unha sobremesa, do mais xeitoso e doado para estas datas festeiras.
...todo isto ben ataviado con Heavy Metal de Confurco
quinta-feira, 26 de novembro de 2015
PINCHACARNEIRO C.T O Confurco. "Comezamos Tempada"
No primeiro programa da tempada, desgranamos a Comunidade Terapeutica de "O Confurco". As e os tertulianos relatan como é o dia a día na comunidade e as multiples actividades que nela se desenvolven.
Numha segunda parte, falamos con:
Auri, procedente das terras de Portosin, sobre as dificultades que están a ter as e os mariñeiros/as desta e outras comarcas.
Miguel, palista do porriño, resume a situación que esta a sufrir a industria do Granito Rosa de Porriño.
Pra fechar, Esther e David, propoñennos unha receita espectacular, pra tornar o frio e a fame dun xeito saudabel 100%

sábado, 23 de maio de 2015
Info RRETRANQUEIROS// Pincho no GRAN SOL/ Oleria:Gundivós (entrevista ao derradeiro oleiro), Buño e Sargadelos// 25º C.Terapeutica O Confurco
"Informativos Retranqueiros" a cargo de Pablo e Guillermo
"Recuncho da nosa Cultura" hoxe falamos de pesca e oleria: Rafa e Fernando, pescadores no Gran Sol dende hai moitos anos, falarannos da arte de pesca do "Pincho". nunha segunda parte, o noso reporteiro mais dicharacheiro Emilio, entrevista a Elias, o derradeiro oleiro de Gundivós.
"25 aniversario da Comunidade Terapeutica do Confurco".
Os compañeiros Carlos e Diego fam umha pequena introdución sobre outras que viran en vindeiros programas, sobre esta celebración. Neste programa comezan entrevistando a Alfonso Garcia Carvallal, Coordinador da C.T O Confurco.
todo este contido vai amenizado coa seleción musical de "casiotone" Josele.
o programa do Pinchacarneiro C.T. esta elaborado integramente polos/as usuarios da Comunidade Terapeutica do Confurco.
Se queres colaborar, podes envialles propostas para que traballen e debatan ao enderezo: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

quinta-feira, 23 de abril de 2015
Especial Futebol: Entrevista Veronica BOQUETE, Aficións de futebol, Informativos Retranqueiros
terça-feira, 17 de março de 2015
Inf. Retranqueiros- entrevista adestrador focas/ SOS asfedro/Bouradeiro: debate videoclip Enrrique Iglesias
- "Informativos Retranqueiros": novas de actualidade con outra tonalidade.
A nosa corresponsal Susana entrevista a Pablo Álvarez, acuarista e adestrador de focas do Acuario Finesterrae de A Coruña.
- Festival "SOS ASFEDRO" 20 de Marzo: Con motivo deste festival solidario as compañeiras Pablo e Esther entrevistaron a Olga Bastarrechea e Sari Alabau membros da Diretiva de ASFEDRO.
- "Bouradeiro do Confurco": as e os contertulios da C.T Confurco, levan a debate o videoclip de Enrrique Iglesias "noche y dia" subvencionado con máis de 300.000€ polo Goberno da Xunta de Galicia. Tema proposto por unha das ouvintes do programa a través do correio pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

Subscrever:
Mensagens (Atom)