quinta-feira, 26 de novembro de 2015

PINCHACARNEIRO C.T O Confurco. "Comezamos Tempada"

No primeiro programa da tempada, desgranamos a Comunidade Terapeutica de "O Confurco". As e os tertulianos relatan como é o dia a día na comunidade e as multiples actividades que nela se desenvolven. 

Numha segunda parte, falamos con:
Auri, procedente das terras de Portosin, sobre as dificultades que están a ter as e os mariñeiros/as desta e outras comarcas.
Miguel, palista do porriño, resume a situación que esta a sufrir a industria do Granito Rosa de Porriño.

Pra fechar, Esther e David, propoñennos unha receita espectacular, pra tornar o frio e a fame dun xeito saudabel 100%