quinta-feira, 2 de outubro de 2014

entrevista a Xurxo Souto /Grupo Musical: Iria Flavia/ Boureadeiro: Fuga de Cerebros

Neste "Pinchcarnerido", XURXO SOUTO, lider dos Diplomáticos de Montealto, escritor, regueifeiro, etc. Falounos da situación actual da música galega, preguntámoslle polo BRAVÚ e como estam a celebrar o 20 aniversario do mesmo.
Nunha 2ª seción, inaguramos o espazo O recuncho da nosa música falamos de "Iria Flavia", un grupo do Barco de Valdeorras.

Xa para rematar, no Bouradeiro do Confurco abordamos a temática de "Fuga de Cerebros" proposta por unha das ouvintes do programa a través do correio electrónico pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

Na despedida do programa un dos regueifeiros do Confurco, Sergio, sorpréndenos cunha interpretación a capela do tema "El Jardín Prohibido".