Neste "Pinchcarnerido", XURXO SOUTO, lider dos Diplomáticos de Montealto, escritor, regueifeiro, etc. Falounos da situación actual da música galega, preguntámoslle polo BRAVÚ e como estam a celebrar o 20 aniversario do mesmo.
Nunha 2ª seción, inaguramos o espazo O recuncho da nosa música falamos de
"Iria Flavia", un grupo do Barco de Valdeorras.
Xa para rematar, no Bouradeiro do Confurcoabordamos a temática
de "Fuga de Cerebros" proposta por unha das ouvintes do programa a través do correio electrónico pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
Na despedida do programa un dos regueifeiros do Confurco, Sergio, sorpréndenos cunha interpretación a capela do tema "El Jardín Prohibido".
Neste segundo programa do PINCHACARNEIRO C.T (Comunidade Terapeutica), As/Os novos periodistas e locutoras/os, entrevistaron a: Camino Ferrero, veterinaria do Refuxio de Animais de Mouga. Explicanos como é o día a día no refuxio, cales son os amnimais que ali ahi, asi coma as xestións que hai que facer para acollelos. Nunha segunda parte falamos con Daniel Varela, quen nos relata como a Comunidade Terapeutica de "O Confurco " contribuiu a cambiarlle a vida. Xa para rematar, na derradeira parte do programa, inaguramos un novo espazo, "O Boureadeiro do Confurco", onde as e os usuarios da Comunidade Terapeutica de O Confurco, debaten, analizan e respostan calquera temática proposta polas/os ouvintes do programa, a través do correio pinchacarneiro.asfedro@gmail.com. Neste programa a proposta vai de "futebol, miseria e defraudación ". Nom tem desperdizo.
quinta-feira, 5 de junho de 2014
NOVIDADE no Pinchcarneiro. Este é o primeiro programa elaborado polas persoas que están internas na C.T. de O Confurco. Os primeiros 9 minutos están solapados, mais diferenciase bastante ben o que se esta a falar. Se queredes escoitar a historia da Comunidade Terapeutica do Confurco, a súa estructura e funcionamento e os obxectivos que se pretenden con este proxecto, dádelle volume aos altofalantes. Contidos do Porgrama: Entrevistas a: Ana Orjales (Educadora da C.T), Gerardo Sabio (Director Técnico de ASFEDRO) Daniel Varela ( persoa que desenvolveu exitosamente o programa de C.T)
Entrevista a Olga Bastarretxea e Sari Alabau, membros da directiva de ASFEDRO. Preguntámoslles sobre a delicada situación que esta a atravesar a entidade, cales son as alternativas que están a propoñer. Entre elas a I Carreira Solidaria, que se celebrará o vindeiro domingo 11 de Maio em Caranza.
Nunha segunda parte, adicada as "novas de atualidade", falaremos sobre o decreto que regulamenta a venda de marihuana en Uruguay. Ao fio disto analizaremos a reflexión do Delegado do Goberno do Estado Espanhol para o Plan Nacional sobre Drogas, Francisco A. Babín, onde asegura que non ha argumentos para cambiar a súa regulación.
Neste programa, faise unha pequena análise dos países e territorios, onde se están desenvolvendo iniciativas para a legalización do Cannabis; Uruguai, EE.UU, Holanda, Guatemala, Chile, Mexico, Colombia, etc. As/ Os corresponsais do Pinchacarneiro relatan a evolución de cada país nesta materia.
Nunha segunda parte, entrevistamos a Lois, membro da Xuntanza Antiprohibicionista (X.A) de Compostela, con motivo da celebración do San Kanuto. Aqui relatou as reivindicacións desta xornada festiva, e expuxo as actividades programadas para este 19 de xaneiro.
Neste programa continuamos falando da HEROINA (2ª parte). Abordamos a súa traxectoria durante o século XX no Estado Espanhol, dende os anos 30 ata os anos 90, coa axuda do manual psiconautico colectivo Interzona
Enumeramos as diferentes vías de consumo da citada sustancia, e os riscos máis comúns de cada unha delas. A posteriori tratamos a temática das bebidas enerxéticas a través dunha nova de recente publicación. Nunha segunda parte valoramos a "Folga da Sanidade" dos días 9 e 10 de Decembro a traves dunah nova recolhida no diario dixital Praza Pública
Música: - Ay Carmela! (Popular) - Mucha policia (Eskorbuto)