quinta-feira, 16 de janeiro de 2014

Territorios Pro- Legalizacion do Cannabis / San KANUTO 2014 (4ºP 3ª T 15.01.2014)

Neste programa, faise unha pequena análise dos países e territorios, onde se están desenvolvendo iniciativas para a legalización do Cannabis; Uruguai, EE.UU, Holanda, Guatemala, Chile, Mexico, Colombia, etc. As/ Os corresponsais do Pinchacarneiro relatan a evolución de cada país nesta materia. 










Nunha segunda parte, entrevistamos a Lois, membro da Xuntanza Antiprohibicionista (X.A) de Compostela, con motivo da celebración do San Kanuto. Aqui relatou as reivindicacións desta xornada festiva, e expuxo as actividades programadas para este 19 de xaneiro.





quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

O PINCHACARNEIRO 3ª P 3ª T


Neste programa continuamos falando da HEROINA (2ª parte). Abordamos a súa traxectoria durante o século XX no Estado Espanhol, dende os anos 30 ata os anos 90, coa axuda do manual psiconautico  colectivo Interzona


Enumeramos as diferentes vías de consumo da citada sustancia, e os riscos máis comúns de cada unha delas.

A posteriori tratamos a temática das bebidas enerxéticas a través dunha nova de recente publicación.

Nunha segunda parte valoramos a "Folga da Sanidade" dos días 9 e 10 de Decembro a traves dunah nova recolhida no diario dixital Praza Pública



Música:
- Ay Carmela! (Popular)
- Mucha policia (Eskorbuto)