quinta-feira, 17 de dezembro de 2015

HEAVY TERAPEUTICO pra entrarmos no Natal


Entrevista a Ivan Mendez, impulsor e principal responsable do Resurretion Fest (Viveiro), no que este ano participa un dos maiores grupos de Heavy, os Iron Maiden
A posteriori debulharemos de onde provén o sentimento consumista destas datas tan proximas..
Retomase o espaço do Boureadeiro, co tema do sector Lacteo
No remate no espazo larpeiro, proponse un menú composto de dous pratos e unha sobremesa, do mais xeitoso e doado para estas datas festeiras.
...todo isto ben ataviado con Heavy Metal de Confurco

quinta-feira, 26 de novembro de 2015

PINCHACARNEIRO C.T O Confurco. "Comezamos Tempada"

No primeiro programa da tempada, desgranamos a Comunidade Terapeutica de "O Confurco". As e os tertulianos relatan como é o dia a día na comunidade e as multiples actividades que nela se desenvolven. 

Numha segunda parte, falamos con:
Auri, procedente das terras de Portosin, sobre as dificultades que están a ter as e os mariñeiros/as desta e outras comarcas.
Miguel, palista do porriño, resume a situación que esta a sufrir a industria do Granito Rosa de Porriño.

Pra fechar, Esther e David, propoñennos unha receita espectacular, pra tornar o frio e a fame dun xeito saudabel 100%



sábado, 23 de maio de 2015

Info RRETRANQUEIROS// Pincho no GRAN SOL/ Oleria:Gundivós (entrevista ao derradeiro oleiro), Buño e Sargadelos// 25º C.Terapeutica O Confurco

"Informativos Retranqueiros" a cargo de Pablo e Guillermo
"Recuncho da nosa Cultura" hoxe falamos de pesca e oleria: Rafa e Fernando, pescadores no Gran Sol dende hai moitos anos, falarannos da arte de pesca do "Pincho". nunha segunda parte, o noso reporteiro mais dicharacheiro Emilio, entrevista a Elias, o derradeiro oleiro de Gundivós.

"25 aniversario da Comunidade Terapeutica do Confurco".
Os compañeiros Carlos e Diego fam umha pequena introdución sobre outras que viran en vindeiros programas, sobre esta celebración. Neste programa comezan entrevistando a Alfonso Garcia Carvallal, Coordinador da C.T O Confurco.

todo este contido vai amenizado coa seleción musical de "casiotone" Josele. 


 o programa do Pinchacarneiro C.T. esta elaborado integramente polos/as usuarios da Comunidade Terapeutica do Confurco.
Se queres colaborar, podes envialles propostas para que traballen e debatan ao enderezo: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

quinta-feira, 23 de abril de 2015

Especial Futebol: Entrevista Veronica BOQUETE, Aficións de futebol, Informativos Retranqueiros

No programa de Hoxe:

- Informativos Retranqueiros
- No recuncho da nosa cultura: Entrevista á internacional galega, VERONICA BOQUETE
- Bouradeiro do Confurco: "aficións de futebol e radicalismo"

 

terça-feira, 17 de março de 2015

Inf. Retranqueiros- entrevista adestrador focas/ SOS asfedro/Bouradeiro: debate videoclip Enrrique Iglesias

- "Informativos Retranqueiros": novas de actualidade con outra tonalidade. 
A nosa corresponsal Susana entrevista a Pablo Álvarez, acuarista e adestrador de focas do Acuario Finesterrae de A Coruña. 

- Festival "SOS ASFEDRO" 20 de Marzo: Con motivo deste festival solidario as compañeiras Pablo e Esther entrevistaron a Olga Bastarrechea e Sari Alabau membros da Diretiva de ASFEDRO. 


- "Bouradeiro do Confurco": as e os contertulios da C.T Confurco, levan a  debate o videoclip de Enrrique Iglesias "noche y dia" subvencionado con máis de 300.000€ polo Goberno da Xunta de Galicia. Tema proposto por unha das ouvintes do programa a través do correio pinchacarneiro.asfedro@gmail.com 



segunda-feira, 2 de fevereiro de 2015

"1º INFORMATIVO RETRANQUEIRO"_Entrevista: XAQUÍN MARÍN/ Museo do Humor_Bouradeiro: as FORZAS DE SEGURANZA a debate.

Estre do primeiro "Informativo Retranqueiro", novas de actualidade cunha perspectiva xeitosa. 

No espazo  o Recuncho da Nosa Cultura facemos um pequeno percorrido por un espazo único no Estado Español, o Museo do Humor de Fene, e entrevistamos a o seu fundador ilustrador Xaquín Marín.

Xa para rematar no Bouradeiro do Confurco as e os tertulianos/as da Comunidade Terapeutica de "O Confurco" debateron sobre a actuación das forzas de seguridade con colectivos tales coma os drogodependentes, inmigrantes e activistas sociais e politicos. tema proposto por un dos ouvintes do programa a través do correio electrónico pinchacarneiro.asfedro@gmail.com








- para propor temática para o BOUREADEIRO DO CONFURCO: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com

quinta-feira, 15 de janeiro de 2015

Furtivismo, Nadal Galego/ Apalpador, e no "boureadeiro"- tertulia Eucaliptica

Neste primeiro Pinchacarneiro do ano comezamos falando do Furtivismo na ria de Ferrol. Co fin de profundizar nesta temática entrevistamos a Manuel Banhobre, mariscador da zona de Baralhobre e ex-Patron Maior de dita confraria.

No Recuncho da Nossa Cultura, falamos da historia do Nadal em xeral, mais profundizamos no contexto galego analizando a figura do Apalpador. Para sabermos máis entrevistamos a Paulo Rico, membro da Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Gentalha do Pichel.

Para rematar, no espaço do "boureadeiro do Confurco" as e os analistas da Comunidade Terapeutica, avalian a presenza dos eucaliptos nos montes galegos. Nesta seción temos um convidado de prestixio, Nês, activista ecoloxista, presidente de ADEGA Trasancos e guia do programa "O Souto" em Radio Filispim.