Programa especial do Pinchacarneiro, Axentes de saúde en Teixeiro
Entrevistamos a Yadira, psicóloga na Prisión de Teixeiro. quen nos contará o traballo que unha profesional coma ela fai cos internos.
Tambem falou dos beneficios de programas desenvoltos por asociacións externas, como o que neste caso fixo ASFEDRO, formando a 10 internos/as como Axentes de Saúde.
Pero isto nom remata ahi, porque nunha segunda parte, escoitaremos um audio gravado durante a formación dos Axentes de Saúde na prisión, onde os internos, falan das condicións, da convivencia e das dificultades que ali afloran.
Dito audio foi montado polo compañeiro de Radio Filispim, Miguel Castro Serantes... Non ten desperdicio!!
- correio pra propor temáticas: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
- blogue de Radio Filispim: opaii.blogspot.com
horario programa Pinchacarneiro:
- direto: Mercores de 17.00 a 18.00
- repeticións: Xoves de 12:00 a 13:00 e Domingos de 3:00 a 4:00